
- Este evento ha pasado.
Paro en los PAC (Puntos de Atención Continuada) en Galicia – 2018-08-12
agosto 12, 2018 @ 10:30 am - 11:30 pm
O persoal dos PAC (Puntos de Atención Continuada) de toda Galicia están chamados a un paro en defensa dos seus dereitos laborais, reclamando que se cumpran os pactos firmados hai dez anos, reclamando persoal suficiente e equipos adecuados para exercer o seu labor.
O domingo 12 de agosto de 10.45 a 11.15 horas concentraranse diante dos PAC de toda a xeografía galega para reclamar os recursos necesarios para atender aos pacientes de xeito adecuado.
Á luz da morte de José Manuel Brey en A Estrada, que morreu por falta de persoal, xa que a médica de garda tivo que saír e non quedaba ninguén que o puidese atender no centro, estas concentracións son máis necesarias ca nunca.
O desmantelamento dos PAC é un síntoma máis do desmantelamento a grande escala da sanidade pública. Retirar persoal dos PAC e obrigalos a traballar en condicións que non son sostibles (e que nin se asoman ás acordadas) significa que os pacientes non poden ser atendidos e, cando son atendidos, é por parte dun persoal absolutamente sobrecargado, xa que a todo isto se suma a terrible falta de pediatras, a falta de organización e previsión na atención primaria, a falta de persoal suficiente nas urxencias e a falta de medios xeralizada.
Dende a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de A Coruña chamamos a todo o pobo galego a mostrar o seu apoio ao persoal dos PAC acudindo ás concentracións que se fagan nos seus respectivos PAC.
¡¡Reclamade o dereito que tedes a recibir un servizo de calidade nos vosos centros de saúde e mostrade o voso rexeitamento aos recortes!!